Teatro isabelino

Teatro isabelino
Exemplo de teatro isabelino
PaísOrixe en Inglaterra
InauguraciónAproximadamente desde o comezo do reinado de Isabel I de Inglaterra
Anos en activo1578-1642
EstiloA reinterpretación isabelina dos clásicos provocou unha tormenta de innovacións en historias milenarias, exaltando a calidade universal de grandes personaxes históricos ou lendarios. Con outro estilo e outra técnica, mesmo os temas sociais son actualizados na súa complexidade psicolóxica, infrinxindo tabús sociais consolidados (sexo, morte, canibalismo, loucura), como o amor "prohibido" entre Romeo e Xulieta, ou o drama do abandono dos maiores no Rei Lear, en que o abandono do vello rei por parte das fillas é o tema dominante.
Otelo e Desdémona, inspirados no Otelo de Shakespeare
Romeo e Xulieta, pintura de Ford Madox Brown

O teatro isabelino é o período do renacemento do teatro profesional secular en Inglaterra, que comeza coa apertura do primeiro teatro comercial, The Theatre, en Londres, e remata co primeiro incendio no teatro de Shakespeare, The Globe.

Desta época son grandes nomes da dramaturxia inglesa, como o xa mencionado William Shakespeare, Christopher Marlowe, Thomas Kyd ou Ben Jonson.

Gran parte deste tempo Isabel I reinou en Inglaterra. Foi unha época politicamente conflitiva, internamente con tensións entre anglicanos e católicos, con fortes censuras aos bardos do eisteddfod galés,[1] externamente co desenvolvemento da guerra anglo-española coa dinastía filipina, e socialmente influenciada polo humanismo europeo.

Asóciase tradicionalmente coa figura de William Shakespeare (1564 - 1616). Outros autores destacados foron Francis Beaumont, Thomas Kyd e Christopher Marlowe.

  1. Pollen, John Hungerford (1908). Unpublished Documents Relating to the English Martyrs (en inglés). Privately printed for the Society by J. Whitehead & Son, Leeds. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne